Asociación do Profesorado
de Tecnoloxía de Galicia.
APETEGA
 
>> Principal
>> Convocatorias
>> Xornadas de Tecnoloxía
>> Xornadas Monográficas
>> Mostra de Proxectos
>> Lexislación
>> Socios/as
>> Ligazóns
>> Foro
 
>> Plataforma Estatal
 
>> Contacta
 
 
 
logo apetega

Novas



Documentación da Xornada sobre Arduino


Xa podedes descargar a documentación da xornada sobre Arduino na sección "Imaxes e documentación.



- ligazón permanente - Enviado o 11-11-2008

II Xornada Monográfica de APETEGA. Control automático e robótica con Arduíno


Aberto o prazo de inscrición

ArduinoO vindeiro 8 de novembro a Asociación do Profesorado de Tecnoloxía de Galicia organiza a súa II Xornada Monográfica, que tratará este ano sobre os contidos de control e robótica do currículo de Tecnoloxía, que se abordarán mediante a utilización da controladora Arduino.

A xornada terá lugar no IES Pedra da Auga, de Ponteareas, e estará limitada a un máximo de 40 persoas.

Tes toda a información na sección Xornadas monográficas

- ligazón permanente - Enviado o 22-10-2008

Inscrición na IV Mostra de Proxectos


Información sobre o desenvolvemento da mostra

Na sección "Mostra de proxectos" tedes toda a información relativa á IV Mostra de proxectos de Tecnoloxía que se desenvolverá en Compostela o venres 6 de xuño.

Debedes inscribirvos se ides participar levando proxectos, para facer unha previsión do número de mesas que farán falta, así como para coñecer ós centros dos que proceden os proxectos.

Animádevos a participar!

- ligazón permanente - Enviado o 28-05-2008

IV MOSTRA DE PROXECTOS


tecnoloxía na rúa

   O día 6 de xuño de 17:30 a 19:30 horas realizaremos a mostra de proxectos na praza do Toural de Santiago de Compostela.
   Esta actividade é de grande calado, pois tratase de mostrarlle á sociedade o que facemos dentro das aulas de Tecnoloxía. Como dicimos no cartel, tratase de “Tecnoloxía na rúa”, para que os paseantes podan observar, distraerse e comentar cos seus veciños o que viron na Praza.
   Debedes de traer todos aqueles proxectos que fixestes na aula e que a vós vos gusten,e por suposto se asistides cos alumnos e alumnas mellor. Tamén recomendamos aos compañeiros e compañeiras de Santiago e cercanías que animen ao seus alumnos e alumnas a achegarse por alí.
 Moitas grazas polo voso esforzo a pro da Tecnoloxía.

 



- ligazón permanente - Enviado o 26-05-2008

SECUNDAMOS ÁS PROTESTAS


A Asociación do Profesorado de Tecnoloxía de Galicia (APETEGA), reunida en Asemblea Extraordinaria o luns 28 de abril, decide apoiar a convocatoria de folga do martes 29 de abril, e a manifestación con saída da Praza do Toural ás 11:30 ata a Consellaría de Educación, en Santiago de Compostela.

A Xunta Directiva de APETEGA



- ligazón permanente - Enviado o 28-04-2008

[Páxina1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] >seguinte

Asociación do Profesorado de Tecnoloxía de Galicia. Apartado 142 Santiago. C.P.15702